quinta-feira, janeiro 25, 2007

Risco de marea negra.

Houbo un susto na costa. Outro susto, esta vez, por sorte, na costa inglesa . O día 21 de xaneiro. Ao día seguinte empezaron as labores para evitar a temíbel marea negra, cunha celeridade ben diferente á que nos afixeron outros gobernantes por aquí, o navío foi remolcado á costa, segundo lemos en Gznacion ou na BBC en español.

Lamentabelmente a noticia, que penso debía ser aproveitada para incidir novamente nos problemas de seguridade desta zona marítima acabou en “noticia anecdótica” ante a actuación de moitos veciños que se dedicaron a “Salvar ” contedores e o seu contido, especialmente, ao parecer, motos BMW.


Lembremos que este é o segundo accidente que sofre o Napoli, anteriormente tivera problemas ante a costa do Vietnam.

Marcadores: ,


sexta-feira, janeiro 19, 2007

Europa (Cambio climático e debate nuclear)

Cada vez é máis claro e hai máis consenso sobre a terríbel realidade do quecemento global. Senón que llo pregunten ao milleiro de antigos habitantes das remotas e diminutas Illas de Carteret, arquipélago que forma parte de Papúa Nova Guinea, no Pacífico Sur, que, segundo nos conta Vieiros.com está a ser evacuado ante o perigo inminente de rematar mergullado no océano, logo dunha rápida suba do nivel das súas augas. As illas contan cunha superficie total de 600 metros cadrados e unha elevación máxima dun metro e medio sobre o mar e os expertos calculan que en menos dunha década as augas cubrirán por completo todas as súas terras.

Ou que llo pregunten senón aos alemáns e outros centroeuropeos, estes días en que a tempestade, impropia deste continente, Kyrill causou 29 mortos, nun número que aínda pode subir. Ou que nolo pregunte a nós, que ás causas de sempre dos incendios temos agora que engadir, segundo os expertos, o cambio climático.

Ou que llo pregunten a osos que non hibernan, árbores en flor no inverno ou a paxaros que non emigran.

Porque a verdade é que de súpeto, todos aqueles que non hai moito negaban con rotundidade que houbese o tal cambio climático, agora apúntanse, con aínda maior rotundidade se cabe, a defender a súa existencia e gravidade. Unha gravidade inmensa e que ten, para eles, unha solución dura pero inevitábel: A enerxía nuclear.

Defenden así a necesidade de iniciar un debate nuclear. Neste sentido recomendo (claro) o meu artigo publicado esta mesma semana na mosquipedia sobre este debate “a inseguridade nuclear”, segundo da serie (o anterior fora o lixo nuclear”)


sexta-feira, dezembro 01, 2006

Berlusconi maréasenos

¡Menudo susto non che nos deu Berlusconi!. ¡Privóusenos en medio dun acto!. Menos mal que finalmente todo quedou en nada. Ben, aprazou un dos seus moitos xuízos, mais iso, realmente xa non é gran noticia. Ten tantos e ten aprazado tantos.

Máis o feito danos pé para lembrarnos del. Lembrar ao gran líder que, sabendo que o é,
fíxose o remolón para deixar o cargo, sabedor, seguramente, de que o seu sucesor non ía ser tan simpático coma el. Porque de certo que el é ben pavero. E polifacético, lembremos a súa actividade como músico e vulcanólogo, porque segundo relemos en “El país” do 19 de agosto de 2006, é músico, (gravou un disco ou dous, ao cabo ten ben cartos para pagalos) e fixo unha proba cun volcán tan real e tan ben feita que aínda se deben lembrar os veciños. E os bombeiros.

Non foron, en calquera caso, as súas únicas mostras de simpatía. Lembremos estas
Frases para a historia. Certamente, o cuarteto da “loita antiterrorista por riba de todo e de todos” (con Aznar, Blair e Bush), non sería o mesmo sen el.

Enlaces deste comentario:
Berlusconi marease en xornal.com
Berlusconi dimite en xornal.com
Musico e vulcanólogo en el país
Frases para la historia de el periódico de Aragón.
Azna xornalista, polo moscón

domingo, novembro 26, 2006

Alfredo Erias






a nova en betanzos biz

This page is powered by Blogger. Isn't yours?